PARROQUIAS DE SALCEDA

PARROQUIAS DE SALCEDA

Parroquias Salceda

CÁRITAS INTERPARROQUIAL DO VAL DO CASELAS


Fundamentamos a nosa acción na acollida e acompañamento ás persoas vulnerables e excluídas. Promovemos o empoderamento das persoas para que defendan os seus dereitos humanos nos tres ámbitos do desenvolvemento integral: necesidades básicas, sentido da vida e participación social.


Voluntariado

Para que Cáritas Interparroquial poida levar a cabo a súa misión, necesita organizarse e contar con persoas voluntarias, coas que facerse presente xunto ás persoas que viven a inxustiza da pobreza. Cáritas Interparroquial do Val do Caselas conta neste momento con 9 persoas voluntarias que se formaron durante máis de dous anos para poder levar a cabo esta importante laboura. Traballan de xeito coordinado cun técnico de Cáritas e unha traballadora social que se desprazan a Salceda quincenalmente na tarde dos xoves.

As tarefas que se poden levar a cabo e que están dispoñibles para as novas persoas voluntarias van cambiando en función das actividades e do voluntariado que estea a participar en cada momento. Con estas tarefas de voluntariado compleméntanse as funcións do persoal técnico


Doazón económica

Podes colaborar con Cáritas Interparroquial facéndote socio/a (doazón periódica), ou a través dunha doazón puntual. As nosas parroquias realizan colectas a favor de Cáritas o primeiro domingo de cada mes.


Es unha entidade?

A colaboración da túa empresa é imprescindible para promover unha sociedade máis xusta e solidaria, e fomentar a integración dos colectivos excluídos.

  • Pon ao dispor de Cáritas a experiencia e o coñecemento do persoal que traballa na túa empresa. Axudarás a fortalecer a nosa xestión e a ofrecer un mellor acompañamento ás persoas que sofren as consecuencias da pobreza e a exclusión.
  • Axuda a favorecer a inserción na sociedade das persoas en risco de exclusión social a través da doazón de bens ou poñendo á súa disposición os servizos da túa empresa.
  • Colabora connosco facilitando a incorporación ao mercado laboral das persoas atendidas no noso Programa de Emprego ou que realizasen algunhas das nosas formacións.


Contacta con nós

Podes poñerte en contacto con Cáritas Interparroquial do Val do Caselas no teléfono 663956208. Concretaremos unha cita contigo para todo aquelo no que poidamos axudarte.